Deputación de Ourense, Inorde e a CEO lanzan un novo proxecto para a promoción de marcas ourensás no Marketplace B2B europeo Ankorstore

A Deputación de Ourense, o Instituto Ourensán de Desenvolemento Económico e a Confederación Empresarial de Ourense lanzan un novo proxecto para a promoción de marcas ourensás no Marketplace B2B europeo Ankorstore.

A xornada foi inaugurada pola a xerente do Inorde, Emma González, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa, encargadas de dar a benvida aos asistentes antes de comezar cos relatorios. Emma González dixo que “dentro do programa de traballo que se desenvolve desde a CEO co apoio da Deputación de Ourense e do Inorde, encaixa este proxecto que coincide cos obxectivos do Inorde de impulsar a dixitalización das empresas.

“Trátase de impulsar o uso da tecnoloxía para fomentar a internacionalización e xenerar novas oportunidades mediante a aplicación do marketing dun xeito estratéxico”, dixo Emma González, quen engadiu que “a dixitalizión contribúe a democratizar o acceso ao marketing en mercados internacionais e, polo tanto, o obxectivo desta iniciativa é acompañar ás pequenas empresas neste proceso”.

Esta xornada informativa pretendía, precisamente, dar a coñecer ás empresas asistentes os marketplaces existentes e as estratexias para optimizar os seus produtos nestas plataformas; analizando a proposta de valor de Ankorstore, afondando no rendemento, vantaxes e beneficios que ofrece ás marcas ourensás. Durante a sesión, tamén se analizou como é o perfil do comprador profesional europeo, que busca e que valora dun produto ou marca con exemplos de casos de éxito.

Para elo, estiveron como relatoras a Analista de Mercado e estratexia internacional, Gloria Gea Ortiz; de Expansion Manager e International Strategy Specialist. Cristina Martínez Beamud; e a executiva de contas en Ankorstore España, Nina Veiras.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email