A proba disputouse en Muíños e contou con dúas distancias, unha de 15 quilómetros e outra de 25, onde se deron cita case 250 atletas que gozaron da preciosa orografía ourensá.
En categoría absoluta senior masculina a vitoria foi para Adrián Rodríguez, na modalidade feminina a gañadora foi Olalla Conde.
A segunda distancia foi un minifondo de 15 km que tivo como gañadores a Pablo Carneiro e a Mireya Ferreiro.
Debido ás condicións impostas pola pandemia do coronavirus, a proba limitouse a 300 prazas e as saídas foron de 10 atletas cada 30 segundos, sendo o complexo turístico e deportivo do Corgo o lugar de saída e meta da proba.