Encontro Transfronteirizo online do proxecto Red Agriconect 4.0

Tres empresas ourensás adheridas ao proxecto europeo Red Agriconect 4.0 do que é socio o Inorde, participaron hoxe nun dos encontros transfronteirizos online que forman parte do programa de actividades desta iniciativa. Nesta ocasión a encargada de organizar dito evento foi a Asociación Empresarial Centro Tecnológico Nacional Agroalimentario – Extremadura. No encontro déronse cita empresas de toda a área de cooperación: Galicia – Norte de Portugal (Alto Támega) e Extremadura – Alentejo Centro, co obxectivo de fomentar a colaboración empresarial entre elas, especialmente no que atinxe á cooperación para a innovación e plantexamento de retos conxuntos, así como á comercialización exterior conxunta.

No caso da provincia de Ourense, as tres empresas que participaron neste encontro para planificar a posta en común destes retos foron: Amarelante Sociedad Cooperativa, do sector da castaña; Fitoagraria, de produtos agrícolas; e Adegas Celme, bodega de viño.

O proxecto Red Agriconect 4.0 está cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través del Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: