Entrega de diplomas do curso de “Actividades básicas en Agricultura”, organizado por Cáritas e impartido polo persoal do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro – INORDE.

Co acto de entrega de diplomas deste 28 de decembro, péchase a edición do 2020 do curso de “Actividades básicas en agricultura” organizado por Cáritas Ourense e impartido por persoal do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro – INORDE nas instalacións nas que o organismo realiza a súa labor habitual de apoio ó sector primario da provincia de Ourense.

Durante as 500 horas nas que se conformou esta etapa formativa as dez persoas participantes, adquiriron os fundamentos necesarios para poder realizar un traballo efectivo en calquera explotación agrícola, tanto na comarca da Limia como nas comarcas que a circundan.

Labores de preparación do solo, fertilización, plantación dos diversos cultivos, instalación e mantemento das extructuras de rega, loita contra pragas e enfermidades, mantemento dos cultivos, recolección, manexo e procesado, foron os principais focos nos que se centraron as actividades formativas, combinando sempre formación teórica a pé de finca coas horas de traballo práctico necesarias para que os alumnos se familiarizaran coas tarefas de corte habitual e repetitivo a realizar como persoal auxiliar nunha explotación e que lle permitan nun futuro non moi lexano, atopar traballo nun sector deficitario en man de obra capacitada.

Ademais o curso complementouse con nocións de xardinería e conservación de espacios naturais así e como co aprendizaxe de tarefas que requiren un número elevado de horas de man de obra, tal e como son a enrama/malfolla e a vendima en comarcas vitícolas (para isto os alumnos do curso desprazáronse ata co concello de Monterrei onde o Inorde conta con outra finca de experimentación e desenvolvemento de novos productos)

Sen embargo é de xustiza facer fincapé xa non só na formación acadada polos participantes se non no fortalecemento da dignidade individual que se consegue co curso, xa que ó inicio de cada edición os participantes teñen claro que todos os productos que se cultivan nas fincas do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, froito das labores formativas, se destina invariablemente as labores de apoio ós sectores máis desfavorecidos que realiza Caritas Ourense, sentindo logo os alumnos que a súa colaboración serve para aliviar parte dos sinsabores dunha parte da ciudadanía, axudando así a acadar unha sociedade máis igualitaria.

Neste senso no presente ano, ademáis dunha pequeña horta que surtíu de vexetais frescos ós alumnos, o INORDE coa colaboración dos participantes nas accións formativas, aportará preto de 30.000 kg de pataca a Cáritas Ourense que complementarán os 25.000 kg xa entregados ó banco de alimentos de Ourense.

Hai que subraiar ademáis o compromiso deste ano por parte das persoas participantes no curso, xa que as restriccións por mor da pandemia obrigou a extremar as medidas de distanciamento e protección individual, referíndose sobre todo o emprego da máscara durante a totalidade das horas lectivas o que obrigou a que os alumnos a levasen mesmo en situacións incómodas dentro da formación práctica no campo (recollida de patacas por exemplo).

A edición deste ano non pode ententenderse como un feito aillado se non que se integra na formación habitual de corte agrario que o INORDE programa ó longo do ano; este caso é especialmente sensible porque con el persíguese cumplir co vello proverbio de “non des peixes, ensina a pescar”, razón pola cal a intención do INORDE é continuar co programa formativo, sempre da man de Caritas Ourense, en anos sucesivos.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email