As labores de vendima na finca experimental de Monterrei, pertencente a rede de ensaios de campo do INORDE, supuxeron o inicio das prácticas do módulo de froiticultura do obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade de Verín V “.
Os alumnos de dito módulo farán uso das instalacións do INORDE, durante a duración do obradoiro, para desenvolver unha formación practica que lles permita acadar as ferramentas precisas á hora de desempeñar un futuro proxecto laboral.
O INORDE considera que este tipo de actividades formativas supoñen unha importante labor de apoio ó sector primario provincial.