Os produtos ourensáns foron promovidos no restaurante INORDE, colaborando con empresas da provincia líderes na súa actividade e no sector agroalimentario: Coren, Cuevas e o Grupo Morgadío Reboreda. Un ano máis, a IXP Castaña de Galicia tivo un selo de calidade extraordinario coa valorización deste produto, xunto con INORDE, tratan de desenvolver o potencial deste produto para revitalizar a economía rural, aumentando a produción, a transformación e a comercialización deste potencial endóxeno. O menú INORDE preparado para esta XXI edición, ofrecía unha cociña tradicional baseada en “produtos Km 0”.