Xantar 2016, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense otorgou este ano o premio ao Mellor Stand Restaurante ao INORDE, pola súa recreación dos Entroidos ourensáns e pola cooperación público-privada que supón o menú “kilómetro cero” que presentan en colaboración con Coren, Grupo Cuevas e Viña Costeira.
Durante o acto central da cuarta xornada de Xantar, O Día do Turismo, foron entregados estes Premios Xantar 2016 que serven para celebrar a concesión ó salón da internacionalidade por terceiro ano consecutivo.
Resaltouse no Día do Turismo o importante papel Xantar xoga na dinamización económica de Galicia, xa que consegue involucrar aos diferentes axentes económicos e sociais. Para celebrar este día adicado ó Turismo, o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde Xantar estivo acompañado, entre outros, pola directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, quen destacou que a gastronomía é un elemento identitario de Galicia.