¿Estás a desenvolver algunha iniciativa en Ourense en torno á economía circular?
O Inorde inicia este mes de xullo o Mapeo de Axentes do territorio ourensán cofinanciado pola UE dentro do PROYECTO INTERREG-POCTEP CIRCULAR ECOSYSTEMS. Se pertences a unha organización, institución ou empresa da Cadea de Valor da Alimentación, Auga e Nutrientes gustaríanos que formases parte deste análise dos grupos de interese para poñer a túa iniciativa en valor, agradecendo de antemán que nos dediques uns minutos a responder a estas preguntas.
Moitas grazas pola túa colaboración, xuntos faremos da nosa provincia un territorio máis circular, social e sostible.