O alumnado do “Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín” visita as instalacións do Centro Agrogandeiro do Inorde

Ourense, 28 de abril de 2021.- O alumnado do “Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín”, acompañados polo seu monitor, visitaron hoxe as instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde. O obxecto desta visita é que o alumnado coñeza os procesos básicos da sistemática de análise de solos, ademais das accións e servizos que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico realiza no ámbito do sector primario provincial.

Nesta actividade abordouse a importancia que ten coñecer as necesidades dos cultivos, o respecto e os coidados que o agricultor lle debe dispensar ó solo de cultivo, a determinación e o control de pragas e enfermidades, a problemática dos agricultores de nova incorporación, a transición ecolóxica e a necesaria vinculación entre agricultura e medio natural.

O Inorde considera que a formación dos novos profesionais é unha liña de traballo esencial e, por elo, este tipo de iniciativas supoñen unha parte fundamental dos servizos que este organismo presta en apoio ao sector primario da nosa provincia.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email