O Centro de Desenvolvemento Agroforestal presta apoio e asesoramento para o fomento de plantacións de castiñeiros

O Centro de Desenvolvemento Agroforestal pertencente ao Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico está a disposición de todos os propietarios particulares de soutos, entidades locais, asociacións e outras entidades, para prestarlles apoio e asesoramento para as plantacións de castiñeiro, tanto en referencia á tramitación de axudas que saian neste eido, como nas cuestións técnicas que implicaría a súa transposición práctica (manexo do solo, patróns, variedades, fertilización…). O obxectivo é “que os interesados en plantar castiñeiros ou mellorar os soutos tradicionais, atopen neste Centro un lugar de referencia que dea resposta ás súas demandas”, explicou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Cabe lembrar que o castiñeiro é unha árbore cunha forte presenza na nosa provincia e cun valor económico no ámbito rural moi importante. De feito,  das 26.813,92 hectáreas de soutos presentes en toda Galicia, Ourense conta cun 41,43% desa superficie.

Os interesados en solicitar información poden contactar co Centro de Desenvolvemento Agroforestal do Inorde a través do número de teléfono 988 423 007 ou no correo electrónico centroagroforestal@inorde.com.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email