O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde acollerá unha formación en actividades auxiliares de agricultura

“Esta é a primeira acción formativa que organizamos, despois de lograr acreditar ao noso centro situado en Xinzo de Limia para impartir os certificados de profesionalidade nas especialidades de “actividades auxiliares en agricultura” e “agricultura ecolóxica”, dixo Rosendo Fernández

A formación, que comezará o 13 de decembro e será impartida en horario de mañá, terá unha duración de 388 horas e está dirixido principalmente para desempregados aínda que poden entrar ata un 25% de traballadores

As prazas dispoñibles son 15, non require de titulación de acceso, e unha vez rematado recibirán o correspondente certificado de profesionalidade nivel 1

O vindeiro 13 de decembro comezará no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, situado en Xinzo de Limia, un curso de formación en “Actividades Auxiliares de Agricultura”, logo de que “lograramos acreditar ao noso centro para impartir os certificados de profesionalidades nesta especialidade e na de “Agricultura Ecolóxica”, explicou Rosendo Fernández.

O curso comezará o 13 de decembro e rematará o 19 de abril, cunha duración total de 388 horas, que serán impartidas en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas. A acción formativa está dirixida prioritariamente para desempregados, aínda que poden entrar ata un 25% de traballadores. As prazas dispoñibles que se ofertan son 15 e os participantes non precisan ter titulación de acceso. Unha vez finalicen o curso disporán dun certificado de profesionalidade de Nivel 1. Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Algúns exemplos de postos de traballo para os que habilitará ao alumnado este curso son: Peón agrícola, Peón agropecuario, Peón en horticultura, Peón en fruticultura, Peón en cultivos herbáceos, Peón en cultivos de flor cortada, Peón de xardinaría, Peón de viveiro, Peón de centros de xardinaría, Peón de campos deportivos…..

O obxectivo desta primeira acción formativa é executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, e cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente. O módulo de prácticas profesionais non laborables do curso durará 40 horas.

A continuación deste curso, impartirase o de “Agricultura Ecolóxica”, que acredita ao alumnado cun certificado de profesionalidade de Nivel 2, polo que é imprescindible contar coa ESO, Competencias Clave N2 ou formación equivalente. No caso de non ter ningunha delas, tamén se poderá acceder ao curso se previamente se realizou este curso de “actividades auxiliares de agricultura”.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email