O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro recibe a técnicos que participan no proxecto Life Ebro Resilience

O persoal interesouse polo traballo realizado polo Inorde no proxecto Life Regenera Limia e polos resultados obtidos en materia de xestión sustentable dos solos de cultivo mediante o sistema integrado de xestion de fertilizantes e abonos nos solos agrícolas e o emprego das boas prácticas agrícolas

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde recibiu onte, 20 de abril, a visita dun grupo de técnicos integrados no proxecto Life Ebro Resilience que pertencen ao Ministerio de Transición Ecolóxica, á Confederación Hidrográfica do Ebro, e aos gobernos de Navarra e A Rioxa.

Guiados polos técnicos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Alberto de Anta e Esther de Castro, o grupo interesouse polo papel do Inorde no proxecto Life Regenera Limia, en especial polos resultados obtidos en relación coa xestión sustentable dos solos de cultivo mediante o sistema integrado de xestion de fertilizantes e abonos nos solos agrícolas e o emprego das boas prácticas agrícolas.

O traballo en rede e a cooperación entre os todos os axentes implicados na produción agraria é fundamental para o correcto desenvolvemento de accións conxuntas coas que lograr unhas producións rendibles, pero que, en ningún caso, poidan causar o máis mínimo dano aos ecosistemas.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: