O Centro de Desenvolvemento Agrongandeiro do Inorde renova o equipo de espectrofotometria de absorción atómica

Esta incorporación enmárcase na “política de mellora continua e actualización de equipos e métodos que o Inorde asume a través do mantemento da acreditación por ENAC para a realización de análises de solos, nº  1054/LE1958, e que levou a este organismo á adquisición deste novo equipo”, dixo Rosendo Fernández

Ourense, 20 de abril  de 2021.-O Centro de Desenvolvemento Agrongandeiro do Inorde renova o equipo de espectrofotometría de absorción atómica para continuar con “esa política de mellora e actualización de equipos e métodos que o Inorde asume a través do mantemento da acreditación por ENAC para a realización de análises de solos, nº  1054/LE1958, e que levou a este organismo á adquisición deste novo equipo”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, na súa visita ás instalacións do laboratorio en Xinzo de Limia.

O obxectivo desta nova incorporación á dotación material do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro é “seguir asegurando a calidade das súas analíticas, ademais de mellorar a eficiencia das rutinas de laboratorio atendendo ás novas prestacións de rapidez e conectividade que os novos equipos de medición aportan”, engadiu Rosendo Fernández.

Dende o inicio do funcionamento do laboratorio agrario do Inorde (antes Instituto do Campo e agora Centro de Desenvolvemento Agroagandeiro), contouse cun equipo de espectrofotometría de absorción atómica que permitía realizar medicións grazas á emisión de llama. A través de dito equipo realizábanse ao ano máis de 15.000 determinacións analíticas entre solos, foliares, augas e abonos orgánicos, o que arroxa ó longo dos seus 21 anos de servizo uns números de determinacións por riba das 300.000 medicións.

Pese a complicada situación económica actual, o Inorde considerou importante investir neste novo equipo para “apoiar ao sector primario que neste período tan convulso demostrou e está a demostrar unha gran profesionalidade e vocación de servizo á comunidade”, engadiu o presidente do Inorde.

Nos modernos laboratorios de corte agrario é fundamental, á hora de ofertar uns servizos acordes cos crecentes requirimentos técnicos que se lle esixen ós produtores, contar con equipamentos modernos e multifuncionais que permitan a realización dun gran número de determinacións analíticas sen que por iso se deixen de lado conceptos críticos como a exactitude e a repetitibilidade.

Neste senso, a técnica da espectrofotometría de absorción atómica amósase como unha técnica robusta e fiable para a determinación de nutrientes esenciais no solo como Calcio, Magnesio, Potasio e Sodio, ademais de permitir, grazas a marchas analíticas relativamente sinxelas, a determinación de metais pesados tales como o ferro, o cobre, o manganeso, o cadmio, o zinc entre outros e de elementos prexudiciais como elevadas concentracións de aluminio.

Así mesmo, a versatilidade deste tipo de tecnoloxía permite que coa mesma técnica coa que se determinan os elementos arriba mencionados en solo, tamén se poidan determinar noutras matrices sólidas como son as analíticas foliares e as composicións de abonos orgánicos e líquidas como as determinacións realizadas sobre augas para o seu emprego como augas de rega.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email