O exciclista vasco Igor Antón, apadriña a terceira edición da marcha cicloturista pola Ribeira Sacra

O evento deportivo, organizado pola Deputación de Ourense a través do Inorde co apoio de Turismo de Galicia, celebrarase o vindeiro 24 de setembro ofrecendo aos participantes dous percorridos de 115 e 80 quilómetros

Ourense, 24 de agosto de 2023.- O exciclista profesional vasco Igor Antón, gañador de diferentes etapas de la Vuelta a España (2006, 2010 e 2011) e dunha do Giro de Italia, será o padriño oficial da terceira edición da marcha cicloturista pola Ribeira Sacra que organiza a Deputación de Ourense a través do Inorde co apoio de Turismo de Galicia. Este evento deportivo de carácter non competitivo, celebrarase o vindeiro 24 de setembro. A saída da proba será a partir das 9.30 horas, na localidade de Luíntra, no municipio de Nogueira de Ramuín.

O día previo á celebración da proba, Igor Antón realizará a partir das 17.00 horas, unha saída en bicicleta pola contorna con afeccionados ao cicloturismo.

Os interesados en sumarse a esta proba que transita por un dos lugares máis icónicos da provincia de Ourense, poderán escoller entre o percorrido de gran fondo de 115 quilómetros e de +2.600 metros de desnivel con subidas que superan o 20% de desnivel, e o minifondo de 80 quilómetros cun desnivel de +1.700 metros. A “Ribeira Sacra Cycling Road” contará cun tramo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, e outorgarase un premio especial aos tres primeiros e primeiras de dito tramo que participen no Gran Fondo.

Este evento forma parte da estratexia da institución provincial de apostar por un ecosistema deportivo que contribúa a promocionar os recursos naturais, paisaxísticos e patrimoniais do territorio a través do deporte. Nesta ocasión, tamén axuda a promover o cicloturismo na nosa provincia, xa que presenta unhas condicións idóneas para esta disciplina deportiva.

Os interesados en participar na proba aínda están a tempo de inscribirse a través da páxina: www.aribeirasacra.com.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email