O INORDE clausura o primeiro Programa de formación en Márketing Dixital

O INORDE APOSTA POLO EMPRENDEMENTO XUVENIL CON PROGRAMAS DE FORMACIÓN PARA A INCORPORACIÓN LABORAL
O presidente do INORDE, Rosendo Fernández, a directora de Desenvolvemento da Fundación INCYDE, María Torres, e o tenente alcalde de Barbadás, Xosé Manuel Fírvida, participaron no acto de clausura e entrega de diplomas no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.
Este Programa de formación en Márketing Dixital, iniciado no mes de maio é froito da colaboración do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico – INORDE e a Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa “INCYDE” dentro do convenio para o desenvolvemento dun programa de formación e acom- pañamiento denominado “Constrúe o teu futuro”, enmarcado no Programa de Itinerarios de Emprendemento Xuvenil ( PIEJ) cofinanciado polo FSE.
O obxectivo do Programa é brindar unha formación de alta calidade para desenvolver estratexias dixitais de márketing, vendas, publicidade, comunicación e liderado emprendedor como ferramentas de traballo de valor engadido para a empregabilidade e a competitividade, o Programa diríxese a menores de 30 anos que non se atopan empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación, interesados en optimizar e especializarse en competencias no campo do márketing dixital e o aproveitamento efectivo das redes sociais e a web 2.0, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa emplegabilidade.

Este Programa, que se impartiu no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás ( Ourense), contou coa participación de 24 alumnos que ao longo de 5 semanas traballaron  7 módulos de formación, desde o ámbito do emprendemento (como emprender, modelos de negocio, …) ata o márketing dixital (Estratexia dixital, Social Media, SÉ& SEM, …) con sesións conxuntas e titorías individuais “a medida” entre o director e o participante, sendo estas últimas as que ocuparon a maior parte da formación.
No acto de clausura, un alumno presentou o seu proxecto de empresa, “ PICK GRE-EN”: plataforma de asesoramento de prognósticos deportivos a través da rede, conxugando os obxectivos, a metodoloxía e a análise profunda de financiamento para poñelo en marcha.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email