O Inorde colaborou, a través do convenio que mantén coa Axencia de Turismo de Galicia para dinamizar o territorio a través do deporte coa XXIV Concentración de Escolas de Vela – Copa Deputación Ourense de Vela que hoxe entregaba os seus premios no parque náutico de Castrelo de Miño.
Esta concentración deportiva logrou reunir a sesenta embarcacións procedentes de dez clubs galegos, do 1 ao 3 de setembro, evidenciando, unha vez máis, “a gran capacidade que ten a nosa provincia para acoller eventos náuticos grazas ás cualidades idóneas que ten para elo a nosa “lámina de auga” e a aposta decidida que leva anos a facer o presidente da Deputación de Ourense, para situar a Ourense como un destino de referencia para o turismo deportivo”, destacou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.
Así mesmo, felicitou ao club Náutico Castrelo de Miño por o gran traballo que tamén están a realizar en colaboración coas institucións públicas, “facendo posible que se dinamice o noso rural, concretamente, Castrelo de Miño, a través do deporte e máis con este tipo de eventos que fomentan valores como a disciplina, o traballo en equipo ou o compañeirismo, entre a mocidade, de 7 a 14 anos que está a participar na concentración”.