O Inorde colabora a través da súa liña de axudas económicas para cooperar cos concellos da provincia para accións de promoción de produtos ourensáns, coa celebración da “Bacofesta 2022” da Rúa que rexorde con forza no Concello da Rúa tras dous anos de parón por mor da pandemia.
A xerente do Inorde, Emma González, asistiu hoxe a última ronda que se fixo polos stands expostos no recinto feiral que estarán ata o remate da celebración, e como previa á celebración da esperada actuación de Fran Perea con Pablo Piñeiro, que presentarán o espectáculo conxunto “Lo que te contaron del amor”.
Emma González felicitou ao alcalde da Rúa polo esforzo e traballo que supón sacar adiante unha nova edición desta celebración que pon en valor “os viños da zona e a súa gastronomía, homenaxeando as orixes romanas da vila”.
Ademais, por mor do XX aniversario do hermanamento entre A Rúa e o municipio de Almendralejo, este último contará cun stand promocional especial no recinto feiral da BacoFesta para promocionar o mellor dos seus recursos, patrimonio e gastronomía.