O Inorde colabora coa XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro

O Inorde colabora coa XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro, a través da liña de axudas que pon a disposición dos concellos para cooperar con eles en accións de promoción de produtos ourensáns. Ademais, este organismo contará cun stand propio para achegar o traballo que realiza o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde a prol do sector primario da provincia. A celebración, que terá lugar os días 27 e 28 de agosto, inclúe na súa programación unha mostra de viños, concursos de acios e carrozas, un mercado artesanal, concertos, actividades infantís, ou unha concentración de coches clásicos. 

A Festa comezará o sábado 27 de agosto, co Concerto de Corais da Vendima e a apertura da 3º Mostra de Viños de Leiro, que estará amenizada cunha actuación musical. Xa o domingo, 28 de agosto, será a xornada central da Festa que comezará ás 10.00 horas coa recepción dos acios a concurso e a súa posterior exposición. As 12.00 horas, será a quenda para o pregón na praza do Cruceiro que este ano correrá a cargo do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez. Despois, celebrarase o desfile de carrozas e charangas dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira e a IV edición da Concentración de Coches Clásicos. 

As 14.30 horas celebrarase o xantar popular para continuar, ás 16.30 horas, coa entrega de premios ós gañadores dos concursos de Acios e Carrozas e coas actividades infantís e festivas que inclúen un espectáculo de maxia e unha festa da escuma, no Salgueiral, que acollerá durante todo o día o XVII Mercado Artesanal. As 17.45 horas, o CF Leiro disputa o seu partido de presentación da tempada e será a música a encargada de pechar a xornada coa actuación Camiñantes e cantantes”, de La Ocaband a partir das 21.00 horas. 

Presentación da XXXI Festa da Vendima en Leiro. Asisiten César Fernández Gil (Vicepresidente da Deputación Ourense), Francisco Fernández Pérez (Alcalde de Leiro) e Ramón Álvarez Bueno (Concellal de Cultura de Leiro).
Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email