O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe, na sede da CEO, na inauguración da exposición floral que amosa o resultado dos traballos realizados polos floristas participantes nunha acción formativa que se desenvolveu este fin de semana e que estivo a cargo dun dos docentes de maior prestixioso en España, Juan Chamorro.
Na súa intervención, Rosendo Fernández felicitou aos profesionais do sector por estas creacións artísticas que van desde arranxos florais para vodas, a ramos e decoración para grandes estruturas. Na iniciativa formativa, coa que colaborou o Inorde, participaron 22 floristas principalmente de Ourense, aínda que tamén houbo profesionais de Portugal, Murcia, Santiago, Pontevedra, León e Asturias.
Este curso reactivou o calendario formativo dos floristas que se viu interrompido pola pandemia. Na inauguración da exposición “Novas tendencias na decoración de vodas”, tamén participaron o presidente de Aflor, a asociación de floristas ourensáns, Jesús de Dios; a presidenta da CEO, Marisol Novoa; o docente Juan Chamorro; e a presidenta da Federación de Comercio, Beatriz Gómez.