O Inorde organizou no balneario de Laias unha xornada profesional de turismo deportivo co obxectivo de seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte
A xornada, na que se deron cita 120 persoas, analizou a importancia que supón a innovación do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10 % do movemento turístico en España
Este cumio –con expertos nacionais en innovación e tendencias, destinos, patrocinadores e eventos- ten como obxectivo seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte aproveitando a súa situación xeoestratéxica e a súa orografía.
O Inorde deu un novo impulso ao ecosistema de turismo deportivo da nosa provincia coa organización dunha xornada profesional de turismo deportivo, co obxectivo de seguir potenciando Ourense como destino referente no mundo do deporte, aproveitando a súa situación xeoestratéxica e a súa orografía.
A xornada na que participaron 120 persoas, tivo lugar hoxe 27 de novembro, no Balneario de Laias e contou coa presenza do presidente do INORDE, Rosendo Fernández, a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, Marta Míguez, Seretaria Xeral de Deporte da Xunta de Galicia e o Xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez González. O evento formativo afondou na importancia do turismo deportivo, unha actividade que representa o 10% do movemento turístico en España.
Este cumio –que contou con expertos nacionais en materia de innovación e tendencias, destinos, patrocinadores e eventos- afondou nunha das propostas que presentou Manuel Baltar en Fitur, na que presentou a provincia como destino de turismo deportivo.
Os obxectivos deste impulso ao Turismo Deportivo son:
- Xerar impacto económico
- Desestacionalizar o destino
- Constituirse en referencia para conseguir eventos deportivos
- Incrementar as instalacións existentes.
A sesión formativa artellouse en catro paneis: “Innovación e tendencias”, moderado polo redactor de Deportes e Negocio do Diario Expansión, Víctor Cruzado; “Destinos”, moderado polo director xeral da Asociación de Marketing de España, Víctor Conde; “Patrocinadores”, moderado polo gañador do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro; e, por último, o panel de “Eventos”, moderado pola directora do World Football Summit, Marian Otamendi.
Ao remate dos relatorios de cada panel, tivo un debate entre os profesionais de cada área para analizar as liñas de consenso, aglutinando a súa experiencia práctica e os seus coñecementos sobre cada unha das materias.