O Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, organiza unha reunión para deseñar o obrador colectivo de Cantoña, en Paderne de Allariz.

O obxectivo deste encontro participativo é recoller as necesidades e demandas dos potenciais usuarios, que contribúan a definir o equipamento necesario para o futuro Centro Colaborativo Transformador de Produtos Primarios.
Este espazo contará cunha liña de mel e de produtos das colmeas e outra de conservas vexetais (froitas e hortalizas), financiado pola Secretaría de Estado de Reto Demográfico, no marco da liña de subvencións a proxectos innovadores para a transformación territorial.
Encontro aberto a todos os que estean interesados en empregar as futuras instalacións colectivas.
A reunión terá lugar o vindeiro sábado, 6 de abril, ás 10.00 horas, na Casa do Concello de Paderne de Allariz.
Inscríbete en: inorde@inorde.com

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email