A Mobile Week 2022 chegou a #Xinzo de Limia da man do #Inorde e coa colaboración de VIRATEC e Viaqua, cunha xornada que analizou como vencellar a tecnoloxía ao eido agrícola e rural.
A encargada de abrir a xornada no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, foi a súa xerente, Emma González, quen destacou que os temas abordados “son moi acaídos neste momento para apoiar aos agricultores con coñecementos e ferramentas que nos aportan as novas tecnoloxías, para combater a situación actual marcada pola falta de auga”.
Ademais, neste sentido, dixo que precisamente “non había un mellor lugar para falar de sustentabilidade, dixitalización e circularidade, xa que son valores que impulsamos desde o Inorde, sobre todo, a través deste Centro, dotado dun laboratorio rural que está a disposición dos produtores da nosa provincia, para que poidan levar a cabo proxectos que aposten por un modelo de negocio circular”, engadiu Emma González.
Tras ela, Antonio Sainz, director generam de Qampo, centrouse na dixitalización e optimización do rego para optimizar os recursos e aumentar a produtividade. Posteiromente, Leticia Rodríguez, directora de desarrollo sostible de Viaqua, presentou aos asistentes, nos que estaban propietarios de plantación, agricultores e persoas interesadas nesta cuestión, un caso de éxito, o “proxecto Guardian” para a loita contra incendios, unha iniciativa que conta coa infraestrutura hidráulica máis grande de Europa para aumentar a resiliencia contra os incendios forestais.
Trala pausa, o Clúster Gallego de Solucións Ambientais e Economía Circular, VIRATEC, centrouse na aposta por un rural sostible e tecnolóxicopara incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais.
Alberto Sánchez de Viaqua, foi o encargado de pechar esta xornada analizando a capacidade que ten a auga como vector de transformación e adaptación territorial fronte ós efectos do cambio climático a través da súa dixitalización. Alberto explicou a estratexia de transformación de Viaqua e a oportunidade que supón a dixitalización do ciclo da auga para un territorio como a provincia de Ourense no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. #mWeekOU22