O Inorde organizou, no marco de Alimagro 2022, un showcooking para visibilizar os produtos agroalimentarios de calidade de Ourense

O Inorde organizou no marco de Alimagro 2022 un showcooking na que se maridou a pataca da Limia con carne de tenreira galega, realizado por “A Vaquería” empresa do sector afincada do no Concello de Baltar, que amosou a calidade dos nosos produtos enogastronómicos e o gran traballo gandeiro e agrícola que se realiza na nosa provincia.

Con esta actividade, o organismo provincial pretende contribuir a visibilizar os produtos agroalimentarios de calidade de Ourense, neste caso nun escaparate tan importante para o sector primario como é a Feira do Agro da Limia.

A relación do Inorde con “A Vaquería” xorde da vocación da institución provincial por apoiar aos emprendedores rurais ourensáns, como así o fixo participando por primeira vez no salón Gourmets deste ano, así como en proxectos innovadores e plenamente sostibles co medio natural.


Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: