O Inorde participa como socio no proxecto europeo Storcito
Unha iniciativa liderada pola Universidade de Vigo e financiada polo programa Horizonte Europa, que busca transformar o medio rural europeo mediante innovación técnica, social e organizativa.
Cun orzamento de 4,9 millóns de euros, Storcito céntrase en tres grandes retos:
– A prevención de incendios forestais a través de tecnoloxía non tripulada, análise biolóxica e accións educativas.
Tamén se desenvolverá un sistema de mantemento da vexetación con gando autóctono guiado por XPS
– A mellora da mobilidade sostible nas contornas rurais con poboación dispersa.
– A introdución de solucións para a transición enerxética, como a captura de carbono en zonas agrícolas.
O consorcio está formado por once entidades de Noruega, España, Alemaña, Grecia e Países Baixos.
Desde o Inorde seguimos impulsando a colaboración en proxectos europeos que contribúen a posicionar a provincia de Ourense como referente en innovación rural sostible.


