O Inorde participa nun proxecto europeo de protección do patrimonio cultural na montaña

O Balneario de Laias acolleu esta reunión de traballo na que se presentou esta iniciativa que ten por obxectivo a protección do patrimonio cultural nas zonas de montaña

 

Ourense, 20 de xuño de 2017.- O Balneario de Laias acolleu hoxe a presentación do Proxecto Europeo CRinMA que ten como obxectivo a protección do patrimonio cultural nas zonas de montaña, no que participa o INORDE e a Cámara Municipal de Montalegre, coa participación, ademais de membros da Xunta, do Ministerio de Facenda, representantes dos GDRs da provincia e Universidade de Vigo.

 

O obxectivo desta reunión-mesa de traballo é constituír o Grupo de Stakeholders, que participará activamente no desenvolvemento das accións deste proxecto de Cooperación Interterritorial-CRinMA.

 

O presidente do INORDE, Rosendo Fernández, fixo unha presentación dos obxectivos e socios do  Proxecto Europeo CRinMA, e instou a tódolos participantes a que aproveitaran ao máximo as oportunidades que nos presentan os proxectos europeos en canto ao desenvolvemento económico das rexións.

 

Fernando Moura, en representación da Cámara Municipal de Montalegre, fixo unha reflexión sobre as áreas de montaña, cómo sobrevivir aos problemas que se plantexan e aprender nestas áreas. Asemade presentou a Boa Práctica do Ecomuseo do Barroso en Montalegre, financiado con Fondos Europeos.

 

Pola súa parte, o xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, fixo unha breve puntualización á política do proxecto que se vai a tratar; en concreto, ao obxectivo temático 6c de promoción, conservación do patrimonio cultural e natural. Así mesmo, presentou a Boa Práctica do Proxecto Estaciones, financiado con Fondos Europeos, e que conta co recoñecemento do Primeiro Premio Stephenson da Asociación Europea de Ferroviarios, que se amosará dentro do Proxecto CRinMA, no desenvolvemento económico destas áreas.

 

 

Na súa intervención, a xefa do Servizo de Xestión y Seguimento do POCTEP da Xunta de Galicia, Mª Carmen  Juliani, fixo un percorrido sobre a historia da Eurorrexión e a constitución das Entidades Formais e destacou o Grupo de Traballo Galicia-Norte de Portugal e o funcionamento da AECT (Agrupación Europea de Cooperación Transfroneiriza), primeira da Península Ibérica e a terceira  de Europa, unha entidade con personalidade propia e formada polos dous países en 2010, plenamente operativa.

 

Mª Carmen Juliani tamén profundizou sobre o alto grado de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal con estratexias conxuntas previas, tales como o PIC (Plan de Investimentos Conxuntos) 2014 e a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3-T). Finalmente, expuxo exemplos de grandes proxectos de cooperación nas seguintes temáticas: Fondos de Investigación, Clúster da Automoción e Sector Naval, Infraestructuras de Transporte e Comunicación, Medioambente e Conservación da Natureza, Servizos Sociais, Educación e Formación.

 

A conselleira técnica da Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea e Desenvolvemento Urbano do Ministerio de Facenda, María José Búrdalo, fixo unha presentación do Programa Operativo Galicia-Norte de Portugal como a política que se vai a profundizar neste Proxecto CRinMA. No seu relatorio, María José Búrdalo salientou a importancia da orientación a resultados; explicou os eixos temáticos e os obxectivos que se encadran dentro do Programa, e ademais fixo un breve repaso sobre a dotación financeira desta primeira convocatoria da Programación 2014-2020; avanzando que haberá unha segunda Convocatoria para Proxectos de Cooperación Transfronteiriza, polo que unha das Prioridades do POCTEP será promover accións conxuntas de protección e promoción dos espazos.

 

Ao remate dos relatorios, desenvolveuse un amplo debate participativo e construtivo, no que cabe destacar que todos os participantes amosaron a súa implicación presente e futura, non só para este proxecto, senón para todo o que teña que ver co desenvolvemento rural da nosa área. Todos os participantes accederon a constituír o Grupo de Stakeholders.

 

O proxecto CRinMA, que conta cun orzamento de 1.217.250 euros, co-financiados polo Programa INTERREG EUROPA, ten como finalidade mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña, o cal implica a mellora dos Programas Transfronteirizos e dos Programas Operativos Rexionais, e tamén un pensamento máis complexo sobre o papel do patrimonio cultural nas áreas de montaña, que se traducirá en melloras políticas e programas no futuro.

 

Ademais do Inorde son socios deste proxecto a rexión Podkarpackie (Polonia), a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Presov (Eslovakia), o municipio de Montalegre (Portugal), a Asociación Europea de Representantes das Rexións de Montaña (Francia), e a Unión de Municipios de Montaña Piedmont-uncem Piedmont (Italia) e a rexión de Malopolska (Polonia).

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email