O INORDE participou na reunión de socios do Proxecto CAMIÑOS XACOBEOS DO OESTE PENINSULAR organizada pola Deputación de Badaxoz, socio principal do proxecto


19.09.2019 O principal obxectivo é protexer e dar valor ao patrimonio cultural e natural para o desenvolvemento económico da rexión transfronteiriza.
A Deputación de Badaxoz, como beneficiario principal do proxecto Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, convocou aos seus socios a unha reunión de traballo que tivo lugar en dependencias da Institución provincial. Participaron técnicos españois das deputacións de Badaxoz, Cáceres, Sevilla, Huelva, Cádiz, Córdoba, Pontevedra e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico – INORDE; técnicos portugueses de Turismo de Centro, Turismo de Alentejo e o municipio de Barcelos; así como representantes da Dirección Xeral de Bibliotecas, Museos e Patrimonio Cultural da Junta de Extremadura.
Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular ten como obxectivos apostar pola valorización do patrimonio cultural e natural ao longo do seu percorrido; desenvolver novas oportunidades económicas e culturais no territorio afectado e así loitar contra o despoboamento; mellorar os equipamentos, a sinalización e aplicar as TICS aos camiños para dotalos das infraestruturas necesarias e incrementar a oferta cultural de carácter transfronteirizo.

A través de todas estas actuacións preténdese aumentar o número de viaxeiros e peregrinos nos diferentes camiños xacobeos do oeste peninsular; propiciar o desenvolvemento económico de ambos os territorios a través dos recursos asociados ao turismo; aumentar a competitividade da zona co incremento do emprego no sector turístico e mellorar a calidade dos servizos e produtos turísticos transfronteirizos.
O INORDE participa como socio deste proxecto; está cofinanciado nun 75 por cento por fondos FEDER, con cargo ao Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email