O INORDE, presente no 19 Salón Internacional de Turismo Gastronómico – XANTAR 2018

O INORDE, presente no 19 Salón Internacional de Turismo Gastronómico – XANTAR 2018.

Seguimos contando nesta edición, coa colaboración de empresas ourensás líderes na súa actividade e no sector agroalimentario: COREN, CUEVAS e GRUPO REBOREDA MORGADÍO, son as empresas de agroalimentación que xeran máis emprego e máis valor engadido á economía ourensá.

Nesta 19 edición seguimos contando coa IXP CASTAÑA DE GALICIA, que achega un selo de calidade extraordinario coa valorización deste produto no seu empeño por recuperar a insignia dun dos puntais da alimentación galega. O labor da IXP é estudar as características morfolóxicas, de desenvolvemento, variedades e peculiaridades, de tal forma que, xunto co INORDE,  tentan desenvolver a potencialidade destes produtos para revitalizar a economía do rural galego, aumentando a produción, transformación e comercialización deste potencial endóxeno.

Actualmente trabállase de forma conxunta nunha  campaña de sensibilización para que os produtores adhíranse á IXP Castaña de Galicia.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: