O INORDE estará no XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico- XANTAR.
Este ano contamos coa participación dun socio do proxecto CRinMA (Interreg Europa): A Unión de Municipios de Montaña de Piamonte – UNCEM (Italia), con punto de información dentro do propio restaurante onde ofrecerán degustación de produtos da Alta langa nos servizos de comidas. Conta ademais o Proxecto con socios de : Polonia, Eslovaquia, Portugal, Francia e Italia.
O importe total concedido ao Proxecto ascende a 1.217.250€.
O Proxecto CRinMA, do que INORDE é socio, xunto coa UNCEM que nos acompañará en XANTAR este ano, aposta pola mellora das políticas rexionais relacionadas coa protección do patrimonio cultural nas zonas de montaña.
O ano 2018, Ano Europeo do Patrimonio Cultural, foille concedido pola Unión Europea un premio pola súa temática e contido.
Seguiremos contando nesta edición, coa colaboración de empresas ourensás, líderes na súa actividade e no sector agroalimentario.
COREN, CUEVAS e GRUPO REBOREDA MORGADÍO, son as empresas de agroalimentación que xeran máis emprego e máis valor engadido á economía ourensá.
NO RESTAURANTE INORDE EN XANTAR 2019, COREN promociona a súa raza selecta:
•RAZA SELECCIONADA
Este tipo de raza é moi similar á do porco ibérico e dá como resultado unha carne moi veteada cunha maior infiltración de graxa intramuscular, o cal achega unha nova textura e moita máis xugosidade. As granxas son máis pequenas e con menor densidade de animais, o que contribúe ao benestar animal. COREN recupera un alimento tradicional do porco en Galicia: a castaña. Ademais de achegar unha elevada porcentaxe de ácidos graxos monoinsaturados (como o ácido oleico), o que lle confire a esta saudable carne un exquisito sabor.
CUEVAS, UN TROCITO DE ALMA DE BOSQUE
A maxia deste produto provén tanto das súas orixes como do seu proceso de elaboración. Apenas unha decena das máis de 80 variedades de castañas que se atopan nos bosques galegos son aptas para elaborar Marron Glacé. Estas son sometidas a unha rigorosa selección, atendendo a criterios organolépticos e morfológicos. Só unhas poucas serán susceptibles de someterse ao proceso de metamorfose que as elevará á categoría de Marron Glacé.
GRUPO REBOREDA MORGADÍO
Na década dos 40 do século pasado, comezou a historia deste Grupo en Castrelo de Miño, unha das zonas na que se atopan as orixes do Ribeiro como veu no século XVI.
Comezaron a distribuír o seu viño Ribeiro a través de barricas por toda Galicia, e nos anos 70 empezouse a embotellar a súa produción ademais de ampliala a outros tipos de viño, como Godellos, Treixadura e Loureira.
En 1990 creouse a adega na Leira Reboreda para en 1996 comprar Adegas Morgadío que producía viños DO Rías Baixas, pasando así a crearse o GRUPO REBOREDA MORGADÍO.
E é xa a comezos deste século cando os herdeiros do Grupo comezan a dar o impulso definitivo á Adega Campante e converterse nun punto de referencia da produción do viño da DO Ribeiro.
Nesta 20 edición, seguimos contando coa IXP CASTAÑA DE GALICIA, que achega un selo de calidade extraordinario coa valorización deste produto no seu empeño por recuperar a insignia dun dos puntais da alimentación galega.
O labor da IXP é estudar as características morfológicas, de desenvolvemento, variedades e peculiaridades; de tal forma que, xunto co INORDE, tentan desenvolver a potencialidade destes produtos para revitalizar a economía do rural galego, aumentando a produción transformación e comercialización deste potencial endóxeno. Nestes momentos, e conxuntamente, está a traballarse nunha campaña de sensibilización para que os produtores adhíranse á IXP Castaña de Galicia.
Coa colaboración de todas estas empresas, confeccionamos o menú de INORDE na 20ª Edición de XANTAR, que esperamos teña o éxito de anteriores edicións.
Esta colaboración, demostra que sumando sinerxias público – privadas conséguense fitos que dificilmente se alcanzarían a nivel individual.
No Restaurante INORDE, ofertamos unha cociña tradicional, baseada en “PRODUTOS km. 0”: produtos cultivados en Ourense, transformados en Ourense e comercializados desde Ourense.