O Inorde promove o vindeiro 9 de xullo unha formación en agricultura rexenerativa en viñedo, cunha Masterclass presencial impartida por Francesc Font e Nuri Madeo con mais de 20 anos de experiencia en agricultura rexenerativa.
Esta formación terá lugar en The Regen Academy, finca Can Font, Girona, un referente a nivelinternacional en agricultura rexenerativa, aplicada dende fai 10 anos.
Trátase dun aprendizaxe práctico presencial nunha finca real en funcionamento, cunha duración de máximo 7 horas, con parte teórica e visita aplicada ás viñas.
Para poder participar nesta acción deben cumplir coas bases establecidas, cubrindo o formulario de solicitude a o compromiso de aplicación dun dos métodos aprendidos a unha finca da propiedade ou en aluguer, entre as 00.00 horas do día 24 de xuño ata as 23.59 do 4 de xullo do 2026. Toda a información na páxina web da Deputación de Ourense (www.depourense.gal), do Inorde (www.inorde.com), e nas contas que o Inorde ten abertas en Facebook (Inorde), Instagram (inordeourense) e Twitter (@inordeOurense).
Esta acción enmárcase dentro do proxecto europeo 0035_CIRCULAR_ECOSYSTEMS_6_E: Ecosistemas territoriais e solucións sistémicas de economía circular para previr a contaminación, cuxa confinanciación (75%) foi aprobada polo Comité do Programa de Cooperación Transfronteiriza INTERREG VI A España Portugal (POCTEP) 2021-2027, na súa reunión do 28/09/2023 en Conil de la Frontera (España), financiado polo fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).esencial en Agricultura O INORDE está a xestionar este proxecto liderado pola Fundación Patrimonio Natural de Castela e León, conta co Concello de Valladolid, a Deputación de Ávila, o Municipio de Guimaraes e o Municipio de Matosinhos para o desenvolvemento das actividades previstas.
O obxectivo principal do proxecto CIRCULAR ECOSYSTESMS é desenvolver accións conxuntas para a solución de problemas de contaminación da área de cooperación, tendo en conta as estratexias e plans existentes en xestión de residuos, a través do desenvolvemento de estratexias e plans de acción territoriais de economía circular, conforme unha metodoloxía conxunta.
Dentro da actividade 3, “Accións piloto de desenvolvemento de solucións sistémicas” cuxo obxectivo é a implementación destas accións piloto con valor demostrativo das solucións sistémicas deseñadas dentro do proxecto e con alto poder de replicabilidade.
No caso do Inorde, implantouse unha acción piloto que se basea nos postulados da agricultura rexenerativa como método efectivo de restaurar a saúde do solo e consecuentemente mellorar é desenvolvemento vexetativo do viñedo. Accións directas como a poda de respecto,
a instauración e mantemento de cubertas vexetais, a conservación da estrutura do chan evitando aradas e mecanización excesiva, o aproveitamento dos subprodutos da propia viña para a súa reutilización como fertilizantes tal e como é o caso dos bacelos ou como fertilizante e produtos biofuncionais como o bagazo contribuirán a conseguir ese aumento na vida útil da estrutura produtiva.


