O Museo do traxe de Santa Cruz, recibiu a visita de alumnos de 2º ESO do Colexio PR Sagrado Corazón do Deza de Lalín e alumnos de 6º de primaria do Colexio O Ruxidoiro (A Valenzá – Ourense).
Coñeceron de primeira man o proceso de elaboración dos tecidos, procesando a materia prima (liño e la) para a obtención dos fíos, que levaron posteriormente ao tear para realizar o tecido.
Finalmente, fixeron unha visita guiada ás instalacións para ver os diferentes tipos de vestimenta e todos os utensilios empregados no proceso.