Esta competición de cociña en miniatura celébrase por primeira vez na Vía da Prata, un dos itinerarios xacobeos ourensáns que conta cun excepcional itinerario natural, gran riqueza patrimonial e gastronómica
Máis de corenta cociñeiros competirán hoxe e mañá neste Campionato organizado pola Academia da Tapa e do Pintxo de España e que conta co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta e patrocinadores privados
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández agradeceu hoxe a implicación de todos os profesionais do sector que co seu traballo “darán boa conta da calidade agroalimentaria da nosa provincia e de toda Galicia” e animou a que todo o mundo aproveite a ocasión para coñecer mellor a Vía da Prata
Vilamarín, 14 de outubro de 2024.
O Pazo de Vilamarín convértese no epicentro da cociña en miniatura galega ligada á Vía da Prata coa celebración do III Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia, un evento organizado pola Academia da Tapa e do Pintxo de España que conta co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e patrocinadores privados.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o presidenta da Academia de la Tapa y del Pintxo, Mikel Martínez; a directora territorial de Presidencia da Xunta, Beatriz Fernández; e o responsable de Estrella Galicia Ourense, José Luis Rodríguez -en representación das empresas patrocinadoras-, inauguraron hoxe este certame que reunirá hoxe e mañá a corenta e cinco cociñeiros de toda Galicia.
Trátase da primeira vez que se celebra este Campionato na Vía da Prata, unha das rutas xacobeas ourensás que conta cun excepcional itinerario natural, gran riqueza patrimonial e gastronómica. Este certame contribuirá a reforzar “a imaxe de Ourense como destino enogastronómico de calidade”, dixo Rosendo Fernández, quen destacou a importancia de acoller este evento no que conflúen recursos cabeceira da nosa marca turística: enogastronomía e patrimonio”.
Así mesmo, Rosendo Fernández agradeceu a implicación de todos os profesionais do sector que co seu traballo “darán boa conta da calidade agroalimentaria da nosa provincia e de toda Galicia” e animou a que todo o mundo aproveite a ocasión para coñecer mellor a Vía da Prata.
“Coa celebración desta terceira edición do certame rexional de gastronomía en miniatura, confirmamos a gran acollida na hostalaría galega que ten este evento, situando a Vilamarín como un destino turístico – gastronómico indispensable ao noso paso pola provincia de Ourense, un camiño con paisaxes excepcionais, cunha gastronomía de calidade, con alimentos como a castaña, a pataca, o pan de Cea que atravesa a denominación de orixe vitivinícola máis xoven de Galicia, a D.O. Monterrei y a máis antiga a D.O. Ribeiro” sinalou Mikel Martínez, presidente de Academia de la Tapa y del Pintxo.
Xurado e competición
O xurado do certame está presidido polo cociñeiro con estrella Michelin Alvar Hinojal y forman parte del os chefs Palmira Soler, Javier García Albuger e Alberto Villegas, así como o creador de contido Carlos Gómez, chegados de Albacete, Valladolid e Palencia, serán os encargados de valorar as técnicas culinarias empregadas, o uso de produtos, a innovación, a sustentabilidade no aproveitamento de alimentos, a presentación visual de cada tapa e, por suposto, o sabor final.
Durante a inauguración púxose en valor o gran nivel que están a demostrar os participantes ao elaborar propostas creativas, que xa se puideron desfrutar no III Roteiro de Tapas de Galicia.
A competición, que repartirá máis de tres mil euros en produtos das empresas patrocinadoras e colaboradoras, retransmítese en streaming e pode seguirse a través de academiadelatapa.com. O Campionato contribúe a proxectar a riqueza da cociña galega, que se alimenta dunha despensa única e o talento dos seus hostaleiros que son capaces de aglutinar tradición e modernidade.