O persoal do Inorde imparte unha xornada técnica sobre o cultivo da viña durante o Tren turístico da ruta de Monterrei

O Inorde colabora co Consello Regulador da Denominacion de Orixe Monterrei nas rutas do viño. Esta acción consistiu nunha visita técnica centrada no cultivo da viña a cargo do persoal técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde.

A xornada formativa tivo lugar na finca experimental que está situada no Concello de Monterrei, que forma parte da rede de fincas de ensaios do Inorde, e que está enmarcada no programa de rutas do viño.

Ao longo de dita visita, prestouse especial atención aos programas de dixitalización en viña desenvolvidos polo Inorde e as novas liñas de investigación centradas na atenuación dos efectos do cambio climático no cultivos da viña.

Precisamente, esta actividade forma parte do itinerario que engloba o Tren Turístico de Galicia da ruta de Monterrei, realizado o pasado 23 de xullo.

Os que non tiveran a oportunidade de subirse a este tren nesta ocasión, volven ter unha cita con esta D.O. O vindeiro 20 de agosto. A través desta viaxe descubrirán o castelo, os seus caldos, viaxarán ata Verín e Allariz, e mergullaranse na cultura ourensá coa visita ao Museo Moncho Borrajo.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: