O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de premios da segunda edición da “Arnoia Termal Sports”

O presidente do #Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de premios da segunda edición da “Arnoia Termal Sports, organizada polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, e que logrou reunir ao longo deste fin de semana a máis de 150 deportistas.

Na primeira xornada, celebrada onte fixéronse co primeiro posto os deportistas Vila e Gil, nas distancias de 3.000 e 1.500 metros.

Hoxe a competición continuaba para os deportistas da disciplina da paddle surf, que se deron cita nas competicións das categorías Sub 8, 10, 14, 16, promoción, sub 18 e élite.

Un fin de semana no que #OurenseXenuina volveu a demostrar ser o escenario idóneo para acoller deportes náuticos na súa “lámina de auga”.

Desde o Inorde agradecemos a todos os participantes que volverades un ano máis a escollernos, sen vós non sería posible converter o noso territorio en referente turístico-deportivo. #OurenseTurismoDeportivo

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: