O presidente do Inorde participa na primeira reunión do Comité Asesor de Xantar 2021

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na primeira reunión, celebrada vía telemática, do Comité Asesor da 22ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico”, Xantar 2021. Na súa intervención, Rosendo Fernández explicou que o Inorde estará un ano máis participando “neste tradicional e consagrado Salón, cun restaurante ao que lle daremos un enfoque de destino enogastronómico. Para elo, deseñaremos un menú a base de produtos de pequenos produtores locais (amparados no proxecto europeo Red Agriconect 4.0), e das catro rutas do viño que temos na nosa provincia”.

Así mesmo, o Inorde estará presente en Xantar 2021 cun stand dos dous xeodestinos que xestiona: Terra de Celanova-Serra do Xurés e Manzaneda-Trevinca. 

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: