Ourense, 19 de maio de 2025.
Trala visita á sede do Consello Regulador, o presidente provincial achegouse ata a viña do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), sita no entorno do Castelo de Monterrei, onde a Deputación de Ourense ofrece aos viticultores unha finca experimental onde observar como se compartan as diferentes variedades.
Esta finca, dunha hectárea e media, está destinada a viñedo experimental, pero tamén conta con terreo para pequenos froitos, plantas medicinais e aromáticas e cultivo de castiñeiro.
Dentro do obxectivo estratéxico da sustentabilidade, explicou o técnico do Centro Agrogandeiro, Servando Álvarez, na finca do Inorde tamén se desenvolve un proxecto piloto de agricultura rexenerativa, co que se pretende que o solo volva a estar vivo e sexa produtivo.