O Inorde colaborou este fin de semana co Clube Pena Trevinca na organización do Campionato Galego de Orientación de larga distancia. Centenares de participantes coas súas brúxulas en mapas achegáronse ata Parada do Sil para tomar parte nunha disciplina que cada día conta con máis adeptos.