Os finalistas do Concurso de Ideas de negocio transfronteirizo, promovido por INORDE a través do Proxecto Europeo CTC “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza”realizan unha visita estudo á provincia de Ourense

Nesta visita estudo coñeceron o Parque Tecnolóxico de Galicia, a estación de Baños de Molgas-INORDE, onde desenvolveron talleres e actividades relacionados co emprendemento, completando a xornada tomando contacto co Ourense-Termal no Balneario de Laias.
Tamén visitaron en Portugal, InCubo, Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadoras, en Arcos de Valdevéz e a StartupBraga.
O gañador do concurso coñecerase na final que terá lugar en Terras do Bouro, cun xurado formado por representantes españois, o xerente de INORDE, e representantes do Val do Cávado e Alto Minho.

Esta visita-estudo enmárcase dentro do proxecto CTC: “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza”, ten como obxectivo o desenvolvemento do territorio a través da cooperación entre as rexións dos socios, a Comunidade Municial Val do Cávado (CIM Cávado), Comunidade Intermunicipal Alto Miño (CIM Minho) e o INORDE. Cunha duración de dous anos, este proxecto europeo denominado “0230_ CTC_LIMIA_LIMA_CAVADO_1_ P”, está integrado no Programa Europeo Interreg V A España-Portugal Feder.

Este concurso de ideas dirixido a alumnos de ensino secundario e formación profesional, pretende sensibilizar e motivar ao alumnado na innovación e o emprendemento e fomentar a cooperación institucional e da sociedade no territorio.
Desde a competencia nacional en Ourense destacouse por parte do xurado e organizadores a proxección que teñen todas as ideas de negocio tanto na zona transfronteiriza como noutras zonas de desenvolvemento xa que son boas ideas para poder realizar en calquera parte do territorio provincial e transfronteirizo.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: