O Inorde colabora cos floristas ourensáns nunha acción formativa sobre “Actualización de deseños florais para composicións de flor cortada como ramos de man, centros de mesa, aplicable a venta directa ou para a decoración de eventos”.
A xerente do Inorde, Emma González, felicitou hoxe, na sede da Confederación Empresarial de Ourense onde se celebrou este curso os días 27, 28 e 29 de xaneiro, aos 14 profesionais que participaron na actividade demostrando “a súa paixón polo seu traballo que dá boa mostra do gran talento ourensán que hai no sector. Un sector que forma parte, ao igual co pequeno comercio, desa cadea valor na que desde a administración provincial estamos a traballar para reivincidar a nosa provincia como un destino de eventos de calidade”.
Hoxe expuxéronse, precisamente, os resultados dese traballo realizado nos últimos días onde predominou o emprego de materiais reciclados. Neste sentido, Emma González dixo que esa filosofía encadra á perfección coa folla de ruta que se nos marca de apostar cada vez máis pola “sostibilidade e o respeto polo medio natural”.
Na exposición tamén participou o presidente de Aflor, Jesús de Dios; a presidenta da CEO, Marisol Novoa; o tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea e a presidenta da Federación de Comercio, Beatriz Gómez.
Esta iniciativa que a Asociación de Floristas de Ourense e Provincia (Aflor) pon en marcha para os seus socios, ten como obxectivo ofrecerlles a posibilidade de actualizar coñecementos e que iso contribúa a fidelizar aos seus clientes ofrecéndolles novos e creativos arranxos florais para as ocasións máis especiais.