Os socios do Interreg Circular Ecosystems realizan a súa reunión de seguimento na provincia de Ourense

Os socios do proxecto Circular Ecosystems, cofinanciado polo l Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do programa Interreg VI-A España-Portugal 2021-2027 (POCTEP), visitaron a Denominación de Orixe Monterrei durante a súa reunión de seguimento semestral.

Coñeceron a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o viñedo experimental provincial, así como adegas que aplican prácticas circulares e novas plantacións, que contribúen á rexeneración do solo degradado e a prevención de incendios forestais.A axenda tamén contemplou unha reunión de traballo entre os socios Fundación Patrimonio Natural de Castilla y León, Ayuntamiento de Valladolid, Diputación de Ávila, Municipio de Guimarães, Municipio de Matosinhos e o propio Inorde. No encontro de traballo, os socios analizaron o plan de acción nos territorios implicados e o mapeo das cadeas de valor que se estudan no proxecto, tales como a de solo, auga e nutrientes; téxtil e otros productos de consumo ou construción.

O Inorde presentou o mapeo de axentes da cadea de valor “solo, auga e nutrientes” na provincia de Ourense, como paso previo ao resto de actuacións previstas na fase de deseño da solución sistémica e da acción piloto, que contribuirá a impulsar unha viticultura máis respectuosa co solo e coa vide, e que valorice os residuos orgánicos da propia viña.

O Proxecto Circular Ecosystems: Ecosistemas territoriais e solucións sistémicas de Economía Circular para previr a contaminación continuará a súa execución ata o ano 2026, e contribuirá a seguir impulsando unha estratexia provincial que promove unha agricultura sostible dotando de ferramentas ao tecido produtivo.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email