Reflexo do afán do INORDE por colaborar nas novas fornadas de traballadores e traballadoras capaces de establecer un proxecto vital encardinado coa vida no rural, este organismo puxo ó dispor do obradoiro de froticultura “Mocidade de Verin” a finca de experimentación e investigación que o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro mantén na comarca de Monterrei para que realicen todas aquelas actividades prácticas necesarias para que os alumnos adquiran as competencias que os fagan capaces de se converter en profesionais no seu campo.
Aínda que as primeiras accións a realizar se centrarán na poda da vide, importante motor económico da zona, o planing formativo englobará todos os traballos necesarios para manter en estado productivo óptimo unha explotación vitivinícola, complementado con temas máis transversais como o cultivo de pequenos frotios, plantas medicinais ou o manexo das árbores froiteiras, tanto como elementos productivos como fornecedores dunha biodiversidade ampla que favoreza a aplicación de técnicas de loita biolóxica dentro dun sistema de control integrado totalmente respectuoso co medio natural.