O deputado delegado de Turismo e Termalismo da Deputación de Ourense e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, xunto á xerente, Emma González, acompañaron ao director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e ao delegado territorial do goberno autonómico, Gabriel Alén, na presentación das obras de rehabilitación da emblemática “Casa do Legoreiro”. Esta albergará de novo a Oficina de Turismo da Xunta de Galicia situada na entrada da Ponte Romana, moi preto da estación do Tren de Alta Velocidade e no itinerario xacobeo da Vía da Prata, polo tanto un punto de referencia para visitantes da provincia de Ourense.
Tamén estiveron presentes a responsable da Área de Termalismo de Turismo de Galicia, Belén Quevedo, a xerente de Galicia Calidade e concelleira en Ourense, Ana Méndez, o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Manuel Pardo, e o titular de Área Provincial de Turismo, Cecilio Santalices.