Presentación del observatorio económico de la Diputación de Ourense en la comarca de la Baixa Limia

observatorio-economicoA Baixa Limia mantense entre as oito comarcas ourensás que están a crear emprego neto, a pesares do debilitamento que sufriu no último trimestre de 2015, no que chegou a perder o 4,3% das afiliacións. Con todo, salvou o exercicio cunha mínima subida do 0,1% na cifra de traballadores en alta laboral, que ascende a preto de 1.800. Cabe lembrar que a comarca perdera o nivel dos 2.000 afiliados en decembro de 2011, en plena crise económica, segundo constata o Observatorio Económico Ourensán, cuxas conclusións comarcais foron presentadas esta mañá no Concello de Bande polo xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, nun acto con alcaldes, concelleiros, técnicos e axentes empresariais e sociais da zona.
José Manuel Rodríguez argumentou que a industria e os servizos están a tirar da recuperación na Baixa Limia: “A primeira creou o ano pasado un 1,1% de emprego neto e os segundos un 0,8%, co que compensaron a baixada do 3,8% na agricultura e do 0,5% na construción”. Ao afondar nos sectores, o xerente do INORDE detallou que dentro da estrutura produtiva da comarca a industria e a construción teñen un peso relativo moi semellante, en ambos casos equivalente ao Observatorio Económico Ourensán 11% do total, co que superan en máis de dous puntos porcentuais á agricultura, que xa só move o 8,5% da economía local.

 

Por outra parte, precisou que a dimensión actual do mercado de traballo da Baixa Limia é similar á que presentaba a comezos de 2013, polo que a boa nova está en comprobar que a crise económica leva tres anos sen destruír emprego en términos globais.
A análise desagregada por concellos converte a Lobeira no líder provincial en rexeneración laboral no último ano, ao recuperar un 12% dos postos de traballo locais, a proporción máis alta de toda a provincia.
O outro municipio da comarca que recuperou afi liados foi Muíños, cunha subida do 1,1%, mentres que Lobios pechou 2015 exactamente co mesmo número de empregos (448) cos que principiaba o ano.
Polo contrario, Bande sufriu unha significativa perda do 5,1% e Entrimo limitouna ao 0,3%. José Manuel Rodríguez fixo fincapé na situación da capitalidade da Baixa Limia, na que o Observatorio Económico detecta “un moderado debilitamento desde a segunda metade de 2014”. O xerente do INORDE explicou que a cifra actual de afi liacións no concello de Bande “está en valores mínimos desde o inicio da crise, con 413 afiliados. Só houbo dous períodos comparables, os de marzo e xuño de 2015, o que amosa que o 2015 foi un mal ano para o emprego neste municipio, si ben na primeira parte da crise resistiu en bos niveis e, de feito, non perdera a barreira dos 500 empregos ata decembro de 2012”.
A evolución do mercado de traballo de Bande afástase do modelo estandarizado da provincia, e tamén do que acredita o resto da comarca da Baixa Limia, caracterizado polo progresivo auxe nas afi liacións -con poucas interrupcións trimestrais- desde o ano 2013.
Para completar o estudo sobre a evolución das afiliacións, o Observatorio da Deputación analiza a taxa de variación entre decembro de 2007 e o mesmo mes de 2015. Nesta táboa, A Baixa Limia aparece entre as catro comarcas nas que o mercado laboral se comprimiu máis do 20% en taxa acumulada. En concreto, decreceu un 24,7%, o valor máis alto da provincia, seguido polo 23% do Ribeiro, o 22,2% de Terra de Caldelas e o 21,7% de Terra de Celanova.
No acto desta mañá tamén se abordou a posición da comarca desde a variable do paro. José Manuel Rodríguez aportou como conclusións que “no último ano baixou o ritmo de redución, como demostra a taxa interanual do -4,3%, a segunda menos dimensionada da provincia, o que non impide que A Baixa Limia destaque cunha moi baixa taxa de paro acumulado desde que principiou a crise. A comparativa con xaneiro de 2008 refl exa un aumento de unicamente o 3,5%, cando no conxunto de Galicia o paro subiu un 47% nese período de oito anos”.
O xerente do INORDE engadiu que de continuar a mesma progresión, esta comarca acompañaría este ano a Viana, a Terra de Celanova e a Terra de Trives en presentar taxa de paro negativa no acumulado 2008-2016.Todos os concellos, agás Lobios (rexistrou unha subida do 2,2%), reduciron a cifra de parados no último ano. Lobeira complementa a destacada subida das afiliacións cunha ampla baixada do paro (-21,1%), asinando o terceiro maior descenso da provincia, por detrás dos de Xunqueira de Ambía (22,7%) e Paderne de Allariz (-21,8%).
Mentres, no acumulado da crise, dous concellos da Baixa Limia xa presentan menos parados que hai oito anos: Entrimo (-7,2%) e Lobios (-6,1%). Pola súa parte, Bande anota un mínimo incremento do 0,8%, o que signifi ca de lonxe ter a mellor evolución entre todas as cabeceiras comarcais da provincia. O segundo rexistro é o do veciño municipio de Celanova (4,4%). No último ano, Bande recortou paro a unha velocidade do 2,4%.
No capítulo sobre as pensións que perciben os residentes nesta comarca,  o importe medio en 678,3 euros, 70 euros mensuais por debaixo da media provincial.
En tres anos, o número de pensionistas baixou un 5,5% na Baixa Limia, o segundo maior descenso da provincia. O 78,5% dos maiores de 65 anos cobra unha pensión contributiva, porcentaxe en liña coas medias de Ourense (79,6%) e de Galicia (78,5%).
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: