PRESENTACIÓN DO PROXECTO “ KEEP ON”. 1ª REUNIÓN E VISITA ESTUDO A OURENSE

No Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, presentouse o proxecto ” KEEP ON”, que ten como xefe de fila ao INORDE e como socios:

  • Rexión de Ś wię tokrzyskie (Polonia)
  • Municipio de Paggaio (Grecia)
  • Municipio de ’ s- Hertogenbosch (Países Baixos)
  • ADRAT – Association of Rexional Development of Alto Tâmega’ s Region (Portugal)
  • LAMORO – Axencia de Desenvolvemento de Langhe Monferrato e Roero (Italia)
  • IRMO – Instituto de Desenvolvemento e Relacións Internacionais (Croacia)

Acolleu a 1ª reunión de socios cunha breve introdución de cada un deles e a presentación da visita estudo por parte de José Manuel Rodríguez, xerente do INORDE: ao Laboratorio Agroindustrial do Inorde (Proxecto Europeo MERCAGANADO- PROMERCADO. Cooperación transfronteiriza), ás Estacións de Tren de Baños de Molgas e Vos Peares (Proxecto europeo ESTACIÓNS. Cooperación Transfronteiriza) e ao Parador de Santo Estevo.

Finalmente, discutiuse na reunión de conclusións sobre a sustentabilidade das boas prácticas analizadas.

O obxectivo principal do proxecto é aumentar a efectividade das políticas públicas para proxectos duradeiros e auto-sustentables no sector do patrimonio cultural, tanto nas rexións que participan no proxecto, como noutros territorios da Unión Europea.

e-mail: ctc-inorde@inorde.com

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: