OBXECTIVO XERAL:

O obxectivo xeral deste proxecto é fomentar e incentivar a creación de economía e riqueza nas áreas de intervención a través da información e formación. Trátase de buscar produtos, en base aos recursos endóxenos, rendibles economicamente que xere economía inducida no rural, asentando poboación, e fomentando a mellora das comunicacións e accesibilidades. Con isto preténdese que se inclúan estes recursos/produtos nas estratexias de dinamización das actividades económicas. Ademais co seu estudo e promoción externa (baseada nas análises e diagnósticos elaborados neste proxecto) permítese valorizar complementariedades específicas e constitúe un marco óptimo para actuacións conxuntas.

ESPECÍFICOS:

– Asegurar a preservación e sustentabilidade dos recursos.

– Contribuír ao Desenvolvemento e Innovación dos produtos e a súa viabilidade económica, mediante a articulación coas empresas / mercado.

– Incentivar e organizar a cooperación empresarial para estimular novas iniciativas empresariais de base local.

– Establecer novos métodos de organización da actividade económica apoiando sectores xeradores de alto valor engadido e de fortalecemento da identidade local.

ACTIVIDADES

1. IDENTIFICAR, ANALIZAR E ESTRUTURAR OS PRODUTOS ENDOGENOS.

-Elaboración dun estudo de potencialidades dos recursos endóxenos.

-Elaboración de estudos para mellorar a calidade dos produtos potenciados.

2.  ARTICULACION COA INDUSTRIA

-Diagnóstico de necesidades e esixencias de mercado.

-Estratexia de colocación do produto: potencial exportador, canles tradicionais e gourmet.

-Elaboración de Plans de Negocio.

3. COMUNICACIÓN

-Deseño imaxe do produto.

-Deseño páxina  web.

-Seminarios formación.

-Deseño e realización de caseta específica do proxecto.

-Seminarios formación.

Logo Promercado

SOCIOS

Beneficiario Ppal.: INORDE – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico.

logo-inorde

Beneficiario: ADRAT – Asociación do Alto Támega

adrat

Beneficiario: UNIVERSIDADE TRAS OS MONTES –UTAD

utad

Beneficiario: CET-Centro Empresarial Transfronterizo.

cet-barbadas concello-barbadas

Print Friendly, PDF & Email
Compartir nas redes sociais:

Proxectos Relacionados