O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde e o xigante dos abonos minerais en España, Timac Agro, realizaron un campo de ensaio en relación ao cultivo da pataca na finca de Antela na que o Inorde realiza experiencias de demostración e investigación en relación aos cultivos intensivos.
Por elo, o responsable de mercado de Timac, José Luís García, e os técnicos de Timac Agro, Jose Manuel Moreno e Alberto Rebollo, estiveron na recolección do ensaio onde, conxuntamente cos técnicos do Inorde, estableceron as primeiras e esperanzadoras conclusións en relación a eficacia dos produtos testados nesta experiencia. Ao longo do inverno, realizarase un minucioso e longo de traballo de laboratorio para constatar que as impresións en campo poden ser respaldadas cos datos obxectivos que se obterán mediante a realización das probas de calidade ás que o Inorde somete as mostras obtidas en campo.
O sector agrario está a sufrir unha importante transformación en relación á forma de aportar os necesarios nutrientes que os cultivos necesitan para poder expresar todo o seu potencial produtivo. A isto hai que sumarlle a deriva que está a experimentar o mercado cara aqueles produtos que impliquen unha menor carga lesiva para o medio natural, pola esixencia dun consumidor final máis implicado socialmente, e uns prezos dos fertilizantes inmersos nunha escala alcista sen precedentes provocada pola crise enerxética que estamos a sufrir.
Polo que, este panorama actual, está a supoñer que se abandonen os tradicionais xeitos de fertilizar que están baseados nun mero cálculo de necesidades de nutrientes, e evolucionar cara produtos biointelixentes deseñados para lograr unha optimización do proceso de fertilización en relación a mellorar o seu xeito de acción, a facilitar a absorción dos nutrientes polas plantas, e lograr tamén unha melloría das cualidades morfolóxicas e organolépticas dos produtos finais. Todo elo, ademais, implicando unha redución importante das cantidades totais de insumos engadidos.