Organizado en tres grupos de traballo, segundo o mapeo de axentes previamente elaborado, os asistentes pertencentes a empresas e institucións relacionadas coa xestión do ciclo da auga, co fomento de proxectos de aprendizaxe e sensibilización cara a economía circular, coa produción circular de alimentos, co estudo e investigación de prácticas circulares; así como clúster de Economía Circular e movementos cidadáns en pro da sustentabilidade, puxeron en común os retos expostos polo redactor do Plan de Acción provincial no marco deste proxecto.