Reunión do Inorde e o Concello de Monterrei para a dinamización e promoción do turismo no municipio.

O presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, respectivamente, reuníronse hoxe co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e co técnico do Concello, Rafael Castro, no salón de Plenos da Casa Consistorial do municipio para estudar posibles liñas de colaboración entre ambas administracións para a promoción e dinamización do sector turístico no municipio.

Ademais, o presidente do Inorde asinou no Libro de Honra do Concello de Monterrei.

Trala reunión, visitaron a oficina de turismo de Monterrei, o Centro de Interpretación do Viño que abrirá proximamente e a sala de exposicións do Hospital da Trinidade.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: