Reunión telemática do xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés para dar conta do informe do convenio coa Axencia de Turismo de Galicia

O xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés integrado polos seguintes concellos Bande, A Bola, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muiños, Padrenda,  Quintela de Leirado, Verea, Cartelle,  A Merca, Ramirás, reuníuse hoxe por videoconferencia para dar conta do informe sobre o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia e definir as actuacións que se levarán a cabo neste 2022.

Aprobada a achega que farán os concellos integrantes do Xeodestino e o Inorde a dito convenio, avanzouse na posta en común das accións a desenvolver durante este exercicio orientadas á promoción, planificación e emprego de novas tecnoloxías.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: