A xerente do Inorde, Emma González, mantivo diversos encontros en Lamego, para fortalecer as vías de cooperación transfronteirizas entre esta rexión do Douro e a provincia de Ourense.
Nestas reunións de traballo, abordou co presidente da Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión de Lamego, Miguel Angelo Mota, a posibilidade de concurrir en proxectos europeos conxuntamente nos que se poñan en valor aspectos comúns de ambos territorios como o termalismo ou o enoturismo.
Así mesmo, Emma González reuniuse co director da Escola de Hostalería e Turismo do Douro, Miguel Duarte, para abordar unha posible actuación vencellada á gastronomía no Camiño Portugués do interior que entronca coa Vía da Prata.
Ambas institucións do norte de Portugal participarán no Congreso Internacional de Turismo Termal que se celebrará en setembro en Ourense.