Rosendo Fernández participa na clausura de Xantar 2022

O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na clausura da 23 edición da Feira Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, en Expourense. 

No acto, ademais de celebrarse a clausura oficial da feira que remata hoxe tras cinco días intensos de actividade, fíxose entrega dos premios do X concurso “Xantar – Gourmet” do Grupo Cuevas, así como a entrega de placas aos patrocinadores. 

Rosendo Fernández agradeceu unha vez máis “a expositores e visitantes que estiveron presentes nesta feira de referencia para o sector agroalimentario e desexoulles que fosen xornadas moi frutíferas para dar a coñecer o potencial e os recursos enogastronómicos dos diferentes territorios asistentes”. 

O presidente do #Inorde felicitou aos galardoados e agradeceu a todos os patrocinadores afirmando que “a maneira de lograr grandes proxectos e coa colaboración público-privada”. 

Ademais, a xerente do Inorde asistiu á degustación de botelo que organizou, no marco de Xantar, o Concello do Barco de Valdeorras, no stand do xeodestino Trevinca – Valdeorras. 


Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email